volver Back
abaixo   arriba

10 11 París - La Habana:

Letra: Trad_Guadi Galego.

Música: Guadi Galego_Guillermo Fernández.

Arranxo: Guillermo Fernández.

Ao mar foron meus ollos
por auga para chorar
e viñeron sen ela
porque estaba seco o mar.

Ailalalalala…

Desperto soio en ti penso
si durmo soño contigo
págame nesa moeda
e xa nada máis che pido.

Ailalalalala…

O meu corazón che mando
cunha chave para abrir
nin eu teño máis que darche
nin ti máis que pedir.

Ailalalalala…

Merco postais de meniños para facerche un universo
pinto troncos de madeira para ter un barco vello
Para ter un barco vello pra facerche un universo
Merco postais fago barcos para sentir o teu reflexo.

Que non podo máis que a vella ilusión roza un sentimento
Que da tua mau ao meu corazón lista unha canción.

Na miña leira só pranto argumentos con cadeas
Na miña leira só medran utopías sen lincencias
Na miña leira só pranto na miña leira so medran
Muros de pedra e madeira para vivir á túa beira.

Leilía: Voces.

Guadi galego: Voz.

Guillermo Fernández: Guitarras.

Benxamín Otero: Corno Inglés.

Xacobe Martínez Antelo: Contrabaixo.

Leandro Deltell: Batería.