06 07 Norte do alén I e II:
Letra: Guadi Galego.
Música: Guadi Galego.
Arranxo: Fran Pérez ”Narf”.
Un par de tres son seis
os tres á par outra vez.
Se remontas ao xogo eterno
na rúa Norte do Alén.
Un par complexo son
os seis que falan á vez,
máis non volto a sentir
a brisa do mar que trouxo a maré.
E agora o tempo
se cadra para unha vez,
a lúa trae o talento dos mariñeiros que cantan ben.
E agora o tempo
se cadra para de vez,
non hai alleos no porto dos corazóns
ao Norte do alén.
Cada palabra,
seis rimas van dunha vez,
un anaco de vida eterna no pensamento de seis.
O tempo apura, apura ao mar esta vez,
eu embarco no meu retorno sen volta ao Norte do Alén.
Os pés moi nuos
pola beiriña do mar,
un cheiro a “rosa do vento”, a mora madura e un bó cantar.
Pasiño a paso vou
vou cara ao ventre dos seis.
O sabio tempo vivido
é o meu destino ao Norte do Alén.
A os meus irmaus que naceron ao “norte do alén”.
Guadi Galego: Voz e piano.
Fran Pérez”Narf”: Guitarra eléctrica e acústica.
Xacobe Martínez Antelo: Contrabaixo.
Leandro Deltell: Batería, cántara, shakers, cabassa.
Pedro Pascual: Guitarra acústica, guitarra española.
Santi Cribeiro: Acordeón.
|