02 Madama:
Letra: Rosa Bugallo.
Música: Guadi Galego-Pedro Pascual.
Arranxo: Pedro Pascual.
Madama da negra flor
o corpo da perdición
madama o segredo
convate da condición.
Madama verso do non
castigo do meu calor
se ti quixeras que eu te quixera eu querería sen condición.
Madama da inspiración
mercado dunha ilusión
se ti quixeras que eu te quixera eu querería sen condición.
Madama canta ao valor
conxuro de inspiración
madama na noite
o ritmo da confusión.
Dime madama
se ti quixeras que eu te quixera eu querería sen condición.
Dime madama
se ti quixeras que eu te quixera se ti quixeras quererme máis.
Guadi galego: Voz
Xacobe Martínez Antelo: Contrabaixo
Leandro Deltell: Batería, tinaxa, darbouka, conchas, shaker.
Marcos Vázquez: Marimba.
Abe Rábade: Piano.
Pedro Pascual: Guitarra, mandolina, pandeireta.
|