01 Acordes:
Letra:Uxía.
Música:guadi galego.
Arranxo:Germán Díaz.
Nada me fai voar como a túa voz,
onde resoa o mar e e a lúa pousou
eu son area que a onda bicará
vestinme de azas brancas e vivo alá.
Rosa, roseira brava non chores máis
non hai mal que nos poida afogar
nunca choveu que non escampara e vai
a nosa nave para ultramar.
Nas túas mans habita o meu corazón,
e no meu desafogo oio un cantar.
Onde doen as bágoas dos meus avós,
a “negra sombra” xa non me cegará.
Rosa, roseira brava …
E na beira da nada déixome ir,
só fica unha crenza para non fuxir,
a alma libre non sabe de aniñar,
a alma libre voa para sandar.
Rosa, roseira brava non chores máis
unha alborada hei-che cantar
nunca choveu que non escampara e vai
a nosa nave para ultramar.
Os meus labios desfían un alalá,
o mar non ten cancelas, vou navegar.
Conto de catro a catro e non canto máis,
o setestrelo sempre me ha de guiar.
Rosa, roseira brava…
a Mariña Maseda Sanjosé.
Guadi Galego: voz
Germán Díaz: zanfonas,caixa de música.
Pablo Pascual: Clarinete baixo,Clarinete Contrabaixo.
|